Este sábado 27 de decembro, as asociacións Amarante, Árbore, Asamblea de Mulleres, Caleidoskopio, C.S. Formiga, Foro da Mocidade, Precarias en Loita, Verdegaia, Sensumisas, Xogo Descoberto e o Centro Social do Calvario organizamos unha xornada contra o consumismo co seguinte programa.
A vindeira asemblea de precarias será o luns 22 de decembro ás 20.30 na Cova dos Ratos.
Precarias percorre os barrios do Calvario e Canadelo para denunciar a especulación
Terça, 11/18/2008 - 11:16 inO sábado 15 de novembro un grupo dunhas 30 persoas convocadas por Precarias en Loita percorremos algunhas rúas do Calvario e Canadelo, que semellan esquecidas para a maior parte das viguesas.
Comezamos o roteiro nas ruínas do edificio Bandeira (cruce Aragón con Jenaro de la Fuente) que albergou unhas importantes bodegas que na actualidade parecen estar á espera do seu derribo.
A vindeira asemblea de precarias será o luns 17 de novembro ás 20.30 na Cova dos Ratos.
Deixamos o texto que leremos no terceiro roteiro titulado "Na cidade perdida"
Terceiro roteiro contra a especulación e polo dereito á vivenda - 15 novembro
Quarta, 11/05/2008 - 13:23 inPrecarias en loita organiza o "Terceiro roteiro contra a especulación e polo dereito á vivenda" que desta vez percorrerá as rúas do Calvario.
Será o sábado 15 de novembro ás 17.00 h e sairemos dende o edificio das bodegas Bandeira (cruce Jenaro de la Fuente con Aragón)